A Xunta facilitou ata o de agora máis de 508.200 unidades de protección a un centenar de centros sociais da área de Vigo

Desde o inicio do reparto entregáronse desde a Delegación Territorial 204.990 luvas, 192.015 máscaras e 9.672 batas, entre diverso material protección de desinfección

Atendendo á derradeira semana enviáronse a 53 centros da área 60.571 novas unidades entre máscaras, luvas, batas, gorros, calzas e material de desinfección

Vigo, 15 de maio de 2020

A Xunta, a través da Delegación Territorial de Vigo, vén de incrementar as unidades de protección enviadas aos centros sociais que compoñen a área territorial de Vigo. Deste modo, na derradeira semana enviáronse en conxunto 28.790 luvas, 18.373 máscaras e 2.463 traxes e batas, entre diverso material de protección e desinfección e limpeza a 53 centros, facendo un total de 60.571 novas unidades en conxunto, que inclúen pantallas, gorros, calzas e diversos produtos de limpeza e desinfección.

Con este último reparto, as unidades enviadas aos 101 centros sociais da área territorial de Vigo suman en conxunto, ata o de agora e desde o inicio do reparto, 447.631 unidades de material de protección. Así, foron 204.990 luvas, 192.015 máscaras e 9.672 traxes antisalpicaduras e batas. Todos estes centros recibiron asemade pantallas de protección e diversos produtos de desinfección e limpeza.

Se trata de centros de atención a discapacidade, igualdade,, inclusión, de maiores, menores e xuventude.

Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia durante todo este tempo, especialmente desde que se decretou o Estado de Alarma, non deixou de comprar material de protección que xa repartiu ao 100% dos concellos da área viguesa.

O material, segundo as informacións facilitadas polos propios municipios, está sendo destinado aos concellos máis para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar e en Protección Civil.

A Administración autonómica reitera que todo o material entregado, cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado.