A Xunta facilitou ata o de agora máis de 573.025 unidades de protección aos concellos e centros sociais da área de Vigo

Desde o inicio do reparto entregáronse desde a Delegación Territorial 290.200 luvas, 251.336 máscaras, 15.796 traxes, batas, pantallas e produtos de desinfección

O acumulado entregado aos concellos da área para os servizos municipais suma a día de hoxe 195.821 unidades de protección, das que 114.548 enviáronse ao de Vigo

En canto ao cómputo dos centros sociais, de discapacidade, de igualdade. de maiores ou menores correspondente a área viguesa o saldo é de 377.204 unidades
 

Vigo, 7 de maio de 2020

A Xunta, a través da Delegación Territorial de Vigo, vén de incrementar as unidades de protección enviadas aos catorce concellos da área territorial e os centros sociais cun novo envío esta semana. Deste modo, para os servizos municipais enviáronse en conxunto 10.500 luvas, 13.100 mascarillas e 358 traxes e batas de protección, facendo un total de 23.958 unidades en conxunto, que inclúen diversos produtos de limpeza e desinfección.

No que atinxe ao Concello de Vigo, reforzáronse os envíos anteriores con 7.500 luvas e outras tantas mascarillas, así como 173 traxes antisalpicaduras.

Con este último reparto, as unidades enviadas aos catorce concellos da área territorial de Vigo suman en conxunto, ata o de agora e desde o inicio do reparto, 195.821 unidades de material de protección, baixo os criterios de reparto acordados e pactados pola Federación Galega de Municipios e Provincias. Así, foron114.580 luvas, 77.640 máscaras e 2.684 traxes antisalpicaduras e batas, así como diversos produtos de desinfección. Deste total, o Goberno galego enviou 114.548 unidades para os servizos municipais do Concello de Vigo.

Atendendo ao reparto aos máis dun centenar de centros sociais de discapacidade, igualdade. de maiores, menores e de xuventude correspondente á área viguesa o saldo é de 377.204 unidades en conxunto; 176.200 luvas, 173.642 mascarillas e 13.112 traxes antisalpicaduras e batas. Todos estes centros recibiron asemade pantallas de protección e diversos produtos de desinfección e limpeza ata sumar un total de 14.250 unidades.

Concretamente, deste total esta semana recibiron en conxunto unha nova partida de material de protección composta por 31.200 luvas, 16.520 mascarillas e 6.976 traxes antisalpicaduras.

Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia durante todo este tempo, especialmente desde que se decretou o Estado de Alarma, non deixou de comprar material de protección que xa repartiu ao 100% dos concellos da área viguesa.

O material, segundo as informacións facilitadas polos propios municipios, está sendo destinado aos concellos máis para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar e en Protección Civil.

A Administración autonómica reitera que todo o material entregado, cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado.