Galicia rexistra un total de 3.187 casos activos por coronavirus
Un total de 6.075 pacientes xa están curados
A día de hoxe hai 2.896 pacientes en seguimento nos seus domicilios
O Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos
Do total de pacientes positivos, 36 permanecen en UCI, 255 están en unidades de hospitalización e 2.896 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.075 persoas curadas, rexistrándose 563 falecementos.
TOTAL GALICIA | DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS | |
NÚMERO DE CASOS | 3.187 | 617 (usuarios) |
302 (profesionais) | ||
FALECEMENTOS | 563 | 127 (en residencias) |
126 (en hospitais e residencias integradas) |
O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 2,5% do total das persoas residentes.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven a reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara internado cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.