A Xunta leva entregadas preto de 330.000 unidades de protección aos concellos da provincia de Ourense desde o decreto de alarma

A Administración autonómica durante esta semana enviou dous novos lotes de material aos concellos integrados por 14.660 luvas, 15.800 mascarillas, 300 traxes, 177 pantallas faciais e outras tantas batas doadas por Inditex

Estas entregas súmanse ao cuarto reparto á cidade das Burgas que incluíu 8.257 equipamentos individuais

Durante a crise do Covid-19 o Goberno galego está a colaborar coas entidades locais para dotar aos seus servizos esenciais de material de protección contra o coronavirus
 

Imaxes relacionadas