Carmen Pomar e os reitores das universidades galegas reúnense con Manuel Castells

O ministro de Universidades interesouse polas medidas tomadas en Galicia para o desenvolvemento do curso tras a declaración do Estado de Alarma e felicitou aos implicados pola súa coordinación

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2020

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e os reitores das tres universidades galegas, Antonio López (USC), Manuel Reigosa (UVigo) e Julio Abalde (UDC); reuníronse esta tarde por videoconferencia co ministro de Universidades, Manuel Castells. A xuntanza, a iniciativa do Ministerio, forma parte da rolda de contactos que o ministro comprometeu facer con todas as universidades españolas.

No marco deste encontro o ministro de Universidades interesouse polas medidas tomadas en Galicia para o desenvolvemento do curso tras a declaración do Estado de Alarma no referido á implantación de teledocencia ou ás solucións adoptadas para que as avaliacións non prexudiquen ao alumnado malia á suspensión das clases presenciais.

Neste sentido, Castells felicitou a reitores e conselleira polo alto grao de coordinación co que se tomaron as decisións no Sistema Universitario de Galicia (SUG).
 

Imaxes relacionadas