A Xunta adxudica unha vivenda na Cañiza en réxime de alugueiro a unha persoa en risco de exclusión social

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2020

A Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra, reunida por medio de videoconferencia, acordou propoñer a adxudicación directa en réxime de alugueiro dunha vivenda localizada no Concello de A Cañiza a unha persoa en risco de exclusión social.

A vivenda, que será outorgada pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, foi cedida ao Instituto Galego da Vivenda e Solo pola entidade financeira Abanca, con destino a alugueiro social.