A Xunta adxudica as obras de mellora do sistema eléctrico das instalacións de abastecemento de San Xoán de Loio, no Concello de Paradela

Este contrato conta cun investimento autonómico de preto de 48.000 euros

Trátase da adaptación dunha acometida eléctrica en baixa tensión, dende o bombeo da captación no río Loio ata a potabilizadora

Augas de Galicia continúa achegando o seu apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar as obras de mellora do sistema eléctrico das instalación de abastecemento de San Xoán de Loio, no concello de Paradela.
Este contrato, cun investimento autonómico de preto de 48.000 euros, foi adxudicado á empresa Hordescon.
A obra consiste na adaptación dunha acometida eléctrica en baixa tensión, dende o bombeo da captación no río Loio ata a estación de tratamento de auga potable (ETAP). A nova acometida eléctrica permitirá pór en servizo as instalacións de abastecemento executadas por Augas de Galicia e a súa posterior entrega ao Concello.
O organismo hidráulico da Xunta continúa achegando o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.