A Xunta subministra 88.000 mascarillas a empresas e autónomos de Lugo a través de asociacións empresariais

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, subliñou que a Xunta continuará distribuíndo este material aos sectores produtivos ao mesmo prezo ao que o adquire

Lugo, 20 de abril de 2020

A Xunta de Galicia está a entregar 88.000 mascarillas a empresas e autonómos da provincia a través das súas entidades asociativas. O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou que esta primeira entrega corresponde aos colectivos que pecharon as súas peticións a semana pasada, pero a previsión do Goberno galego é continuar subministrando elementos de protección aos sectores produtivos.

Así, nestes días estanse subministrando mascarillas á diferentes asociacións e empresas da provincia.Balseiro explicou que a Xunta recibirá ao longo desta semana dous envíos máis de material, co que se repartirán máis de 2 millóns de mascarillas. A medida adquire importancia ante a imposibilidade de que moitas empresas e autónomos poidan conseguir o material de protección necesario no mercado e a un prezo adecuado. De feito, o material será facilitado ao mesmo prezo que o adquira a Xunta.

As petición canalízanse a través dos clusters e asociación que agrupan aos destinatarios finais, e o material de protección chegará a sectores como o alimentario e as distribuidoras, a metalurxia, a construción, a enxeñería, a madeira, a pizarra e o granito, as enerxías renovables, as cooperativas agrarias, os call center, autónomos e comerciantes.

O reparto realízase desde a plataforma loxística da Xunta de Galicia (Clonegal), que é a que se ocupa de todos os envíos de material que non teñen que ver con centros médicos e hospitalarios.