A Xunta entregou o primeiro envio de 452.000 mascarillas a empresas e autónomos que retomaron a súa actividade na provincia da Coruña

A Administración autonómica encárgase da subministración e as máscaras están sendo facilitadas ao mesmo prezo ao que as adquire a Xunta

As peticións canalízanse a través dos clusters e asociacións que agrupan aos destinarios finais

As primeiras solicitudes foron realizadas por empresarios e autónomos das comarcas de Santiago, A Coruña e Ferrol
 

A Coruña, 20 de abril de 2020

A Xunta enviou o primeiro envío de mascarillas tanto a empresas como autónomos dos sectores que retomaron o traballo o pasado luns. Así, na provincia da Coruña, concretamente nas comarcas de A Coruña, Santiago e Ferrol, repartíronse un total de 452.000 mascarillas aos clusters e asociacións que fixeron as súas peticións á Xunta. A previsión inicial é acadar o envío de preto de 2 millóns de mascarillas ao longo desta semana en toda Galicia, un material que foi adquirido directamente pola Xunta de Galicia.

Ovidio Rodeiro lembrou que “as peticións canalízanse a través dos clusters e asociacións que agrupan aos destinatarios finais”.

O delegado territorial recalcou que “esta medida está sendo moi valorada polo beneficiarios ante a imposibilidade de que moitas empresas e autónomos poidan conseguir o material de protección necesario no mercado e a un prezo adecuado”. De feito, o material está sendo facilitado ao mesmo prezo que o adquire a Xunta.

Este sistema de distribución foi un dos puntos aprobados o luns, 13 de abril, no seo da quinta reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), onde se indicou que o Goberno galego subministrará máscaras ás empresas e os autónomos que o soliciten. Este reparto de material de protección está chegando a sectores como o alimentario e as distribuidoras, a metalurxia, a construción, a enxeñería, a madeira, a pizarra e o granito, as enerxías renovables, as cooperativas agrarias, os call center, autónomos e comerciantes.

O reparto estase realizando desde a plataforma loxística da Xunta de Galicia (Clonegal), que é a que se ocupa de tódolos envíos de material que non ten que ver con centros médicos e hospitalarios.

NOMBRE DESTINARIO

MUNICIPIO

APECCO

CORUÑA (A)

Confederación de Empresarios de La Coruña + Colexio de Arquitectos de Galicia + Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos + Asociación Local de Autotaxis

CORUÑA (A)

Altia Logistic-Software (a través del Clúster Logística)

OLEIROS

COMARCA A CORUÑA

Arigal

AMES

Asociación Clúster Alimentario de Galicia

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Asociación Clúster Alimentario de Galicia

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Fearmaga

SANTIAGO DE COMPOSTELA

TRANSGACAR

SANTIAGO DE COMPOSTELA

COMARCA SANTIAGO

Asime

NARÓN

Mantenimiento y Servicios Tecman (a través de Cruergal)

NARÓN

COMARCA FERROL