Galicia rexistra un total de 5.833 casos infectados por coronavirus
Un total de 1.143 persoas xa foron dadas de alta
A día de hoxe hai 4.951 pacientes en seguimento nos seus domicilios
O Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.833, deles 1.228 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.154 da de Ourense, 482 da de Pontevedra, 1.078 da área de Vigo, 973 da de Santiago, e 327 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 140 permanecen en UCI, 742 están en unidades de hospitalización e 4.951 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.143 altas de pacientes e 360 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 43.992.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
Datos dos centros residenciais de servizos sociais
TOTAL | DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS | |
NÚMERO DE CASOS | 5.833 | 911 (usuarios) |
416 (profesionais) | ||
FALECEMENTOS | 360 | 79 (en residencias) |
75 (en hospitais e residencias integradas) |
O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,7% do total das persoas residentes.
Respecto das 6 persoas falecidas onte en centros residenciais, 1 foi na residencia DomusVi Matogrande (A Coruña), 1 na residencia DomusVi San Lázaro (Santiago de Compostela), 1 na residencia As Fragas (Pontedeume), 2 na residencia N.S. da Esperanza (Ourense) e 1 na residencia Divino Maestro (Ourense).
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.
Recomendacións
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.