A Xunta envía 92.322 novas unidades de material de protección a un cento de centros sociais da área territorial de Vigo

En total, foron 37.500 luvas, 54.611 máscaras cirúrxicas e 211 batas plásticas, así como diverso material de produtos de desinfección e limpeza

Unha partida que se suma á enviada a semana pasada, cando se entregaron un total de 91.577 unidades de material de protección con destino a estes mesmos centros

Vigo, 8 de abril de 2020

A Xunta de Galicia vén de enviar 92.322 unidades de material de protección a un cento de centros sociais da área territorial de Vigo. En conxunto, foron 37.500 luvas, 54.611 máscaras cirúrxicas e 211 batas plásticas, así como diverso material de limpeza e desinfección (73 botes de xel hidroalcólico e 590 garrafas de desinfectante).

Asemade, neste último envío queda pendente a entrega de 211 unidades de mandís, 9.400 calzas e 2.900 gorros.

Unha partida que se suma á enviada a pasada semana, cando se entregaron un total de 91.577 unidades de material de protección con destino a estes mesmos centros. Así, repartíronse 33.330 luvas, 54.831 máscaras cirúrxicas, 792 batas de plástico, 792 mandís, 262 pantallas de protección, 1.200 gorros, 400 calzas, 670 botes de xel hidroalcólico e 273 garrafas de desinfectante.

A Administración autonómica reitera que todo o material entregado cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado.