A Xunta envía máis de 51.400 novas unidades de protección a todos os concellos da provincia de Lugo

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explica que a administración autonómica distribuirá neste novo envío 31.300 luvas, 19.200 mascarillas, 397 traxes, amais lixivia e xel hidroalcohólico

O Goberno galego leva repartido aos concellos da provincia preto de 147.000 equipamentos de protección (EPIs) adquiridos directamente pola Xunta durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus

Lugo, 7 de abril de 2020

A Xunta de Galicia vén de efectuar un novo reparto esta semana máis de 51.400 unidades de protección contra o coronavirus na totalidade dos concellos da provincia de Lugo para atender ao persoal que segue desenvolvendo funcións nos distintos servizos municipais.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que en total, serán distribuídos esta semana 31.300 guantes, 19.200 mascarillas e 397 traxes. Ademais, tamén se distribuíron 207 litros de xel hidroalcohólico e 339 litros de lixivia. Trátase do terceiro envío que reciben os concellos lucenses,

A distribución está a realizarse directamente desde a plataforma loxística que a Xunta puxo en marcha para axilizar o proceso e centralizar a adquisición e o reparto de equipos de protección individual durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus. Así, o material se está a levar directamente aos concellos para evitar desprazamentos.

Polo que respecta a cidade de Lugo recibiu hoxe nesta nova entrega 10.673 equipamentos: 3.615 mascarillas, 7.000 guantes e 58 traxes. Este material súmase ao entregado pola Xunta a pasada semana e cífrase nun total de 32.018 unidades de protección.

Desde o inicio da pandemia

A Administración autonómica leva repartido entre os municipios da provincia preto de 147.000 equipamentos de protección (EPIs) adquiridos directamente por ela: 90.457 guantes, 50.834 mascarillas, 2.857 traxes e 2.210 batas. A este material hai que sumar 604 litros de xel hidroalcohólico, 489 litros de lixivia e 21 garrafas de 5 litros de desinfectante.

Con esta medida, o Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do Covid-19 conten co material de protección que precisan.