Controlado o incendio forestal do concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, parroquia de San Vicente de Leira

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unhas 25 hectáreas de superficie

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2020

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, parroquia de San Vicente de Leira, quedou controlado ás 12,54 h.

Este lume orixinouse ás 19,47 h. da tarde de onte e, segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 25 hectáreas. No seu control levan traballado 4 axentes, 10 brigadas, 4 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento:
C. do Medio Rural