A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 8,30 h de hoxe

Estabilizado un incendio forestal no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, parroquia de San Vicente de Leira, que afecta provisionalmente máis de 20 hectáreas

Extinguido o lume do concello ourensán de Entrimo, parroquia da Illa, que entrou por Portugal e afectou unhas 20 hectáreas do parque natural do Xurés
 

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2020

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 8,30 h. de hoxe.

Estabilizado Vilamartín de Valdeorras

Este incendio forestal orixinouse ás 19,47 h. da tarde de onte no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, parroquia de San Vicente de Leira. Quedou estabilizado ás 5,55 h. desta mañanciña e, segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. No control deste lume levan traballado 5 axentes, 9 brigadas e 3 motobombas.

Extinguido Entrimo

Este lume, que se iniciaba ás 17,20 h. da tarde de onte, chegou dende Portugal e afectou o parque natural do Xurés. Quedou extinguido ás 21,45 h. da pasada noite e, segundo as últimas estimacións, en territorio español resultou afectada unha superficie de 20 hectáreas de monte raso. Para o control deste incendio mobilizáronse 1 axente, 4 brigadas, 1 motobomba e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento:
C. do Medio Rural