Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, parroquia de San Vicente de Leira

Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie provisional de 24 hectáreas de monte raso

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2020

A Consellería do Medio Rural informa que quedou extinguido o lume do concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, parroquia de San Vicente de Leira.

O incendio comezou ás 14,15 h. deste sábado e deuse por extinguido ás 8,24 h da mañá deste domingo. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie provisional de 24 hectáreas, todas de monte raso. No seu control traballaron 4 axentes, 8 brigadas, 4 motobombas e 6 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural