Sanidade pon en marcha na Coruña un plan sanitario para as persoas sen fogar en colaboración co Concello, Cruz Vermella e entidades de voluntariado social

Este plan funcionará a través da Xerencia Integrada da Coruña

O dispositivo estará ubicado no Pavillón de Deportes de Riazor
 

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2020

A Consellería de Sanidade, en colaboración co Concello da Coruña, da Cruz Vermella e de varias entidades de voluntariado social. vai poñer en marcha, a través da Xerencia Integrada da Coruña, o Plan Coruña sen teito Covid-19 con soporte sanitario (CSTCS). O obxectivo deste plan é que sirva de soporte sanitario para protexer a saúde das persoas sen fogar na capital herculina e, por extensión a dos demais cidadáns, debido a situación que estamos a vivir por mor do coronavirus.

O dispositivo da Consellería de Sanidade polo Plan CSTCS estará ubicado no Pavillón de Deportes de Riazor.

Para a atención sanitaria a estas persoas poderá haber un ou dous médicos, así como un profesional de enfermería, que serán os encargados de realizar o soporte, que será presencial e/ou tecnolóxico ao dispositivo alomenos menos unha vez ao día.

As persoas sen teito supoñen un colectivo especialmente vulnerable a padecer enfermidades infecciosas, unha situación especialmente preocupante no referido ao Covid-19.