Almuiña e Conde reúnense con membros da Confederación de Empresarios de Galicia e representantes sindicais para abordar a situación actual do coronavirus
2020-03-11
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2020/Marzo/semana-02/200311_saniddEconom_03x.jpg
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2020
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantiveron hoxe un encontro con membros da Confederación de Empresarios de Galicia e representantes sindicais (CC.OO., UGT e CIG) para abordar a situación actual do coronavirus en Galicia.
Na xuntanza acordaron dar continuidade ao diálogo fluído entre todas as partes mediante a constitución dunha comisión de seguimento desde o punto de vista da prevención e de cuestións de índole laboral.