Fabiola García visita o Punto de Atención á Infancia do Concello do Vicedo

O Vicedo (Lugo), 11 de marzo de 2020

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou hoxe o Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello do Vicedo. Durante a súa visita ás instalacións destacou a calidade na atención que reciben as pequenas e pequenos que acoden diariamente a este centro.

Fabiola García puxo en valor a colaboración entre as administracións locais e o Goberno galego para poñer á disposición das familias das cidades e do rural de Galicia recursos de conciliación que lles permita compaxinar a vida persoal e laboral.

Imaxes relacionadas