Ángeles Vázquez chama aos mozos galegos a implicarse nas medidas da resposta galega para loitar contra o cambio climático

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que a mocidade galega é unha aliada para activar as medidas impulsadas polo Goberno para mitigar os efectos deste fenómeno global, como son a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía e a Estratexia de Economía Circular

Recorda que se debe mudar o modelo de consumo cara a economía circular, para conseguir reducir as emisións e apostar por un planeta neutro, ou non será, advirte
 

Ribeira (A Coruña), 11 de marzo de 2020-

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, invitou aos mozos galegos a implicarse na posta en marcha das medidas que son a resposta en clave galega á loita contra o cambio climático. Así lle lo trasladou a un grupo de rapaces de 2º da ESO do IES Nº1 de Ribeira cos que debatiu sobre os efectos deste fenómeno de carácter global.

A conselleira recordoulles que Galicia sitúase hoxe á vangarda, pois xa conta con dúas ferramentas, como son a a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía e Estratexia de Economía Circular, nas que se establecen medidas e accións para cambiar nós, e non o clima. Argumentou que é preciso camiñar cara a chamada neutralidade climática, reducindo as emisións de gases efecto invernadoiro, a través dun modelo baseado nas enerxías limpas, na mellora da eficiencia enerxética e en sistemas produtivos máis responsables, é dicir, cara a economía circular.

Recordou que a mocidade galega é un factor clave na dimensión social que a mitigación contra o cambio climático esixe á sociedade; pero tamén é certo que non é exclusivo, senón que implica ao conxunto da sociedade de xeito transversal á hora de conseguir que o futuro pase por un planeta máis neutro; ou non será.

Ángeles Vázquez manifestou que Galicia ten varios aliados, ademais da mocidade, como é o sector primario, representa o 50% de toda a madeira que se produce en España e é unha das principais rexións pesqueiras de Europa, con 4.400 buques; e o seu patrimonio natural, que ten un valor incalculable.
 

Imaxes relacionadas