Política Social visita o Albergue Bela Muxía, premiado pola Rede Española de Albergues Xuvenís polo seu encanto

Muxía (A Coruña), 10 de marzo de 2020

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe o albergue Bela Muxía e coñeceu de primeira man estas instalacións que recibiron unha ducia de premios nacionais e internacionais polo seu deseño. Tamén se lle outorgou o Premio REAJ 2018 (Rede Española de Albergues Xuvenís) ao albergue con maior encanto

Ademais da hospedaxe, neste albergue ten lugar unha importante axenda cultural, con presentación de libros, recitais de poesía, exposicións de arte e concertos de música; o que fai que Bela Muxía sexa tamén un factor de dinamización da zona.

Imaxes relacionadas