A Policía Autonómica comisa 20 quilos de percebe nun dispositivo contra o furtivismo na Coruña

Os axentes levantaron 5 actas de infracción nun control levado a cabo o pasado sábado e entregaron o marisco decomisado a unha asociación benéfica da cidade

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2020

Axentes da Policía Autonómica comisaron 20 quilos de percebe na Coruña nun dispositivo que tivo lugar o pasado sábado, 7 de marzo.

Axentes da Policía Autonómica localizaron mentres realizaban un dispositivo de vixilancia e prevención a cinco persoas que estaban a extraer percebe de xeito ilegal na zona da Torre de Hércules. Levantáronse 5 actas de infracción e interviñéronse 20 quilos de percebe, 4 salabardos e 4 rasquetas.

O marisco comisado foi entregado a unha asociación benéfica da Coruña, e os elementos intervidos foron entregados ao Servizo de Gardacostas da Coruña.