A Xunta destaca o labor altruísta dos voluntarios de protección civil na a atención ás emerxencias

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Oitavén-Tea, que presta servizo aos concellos de da Lama, Mondariz-Balneario, Mondariz, Fornelos de Montes e Covelo

Alfonso Rueda puxo en valor a unión destes concellos, “que se unan municipios pequenos, que reúnan voluntarios, que consigan material, que conten con xente formada para atender unha emerxencia é de gran importancia”

A Lama (Pontevedra), 9 de marzo de 2020

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe as instalacións da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) OitavénTea, no concello de A Lama para coñecer de primeira man o traballo que realizan cada día estes voluntarios para velar pola seguridade da cidadanía. Na súa visita destacou o labor altruísta dos membros das AVPC da comunidade, aos que considera un piar básico para reforzar aos servizos profesionais e o mapa de xestión e atención ás emerxencias de Galicia.

A agrupación de Oitavén-Tea e é unha das 43 que integran a rede de Protección Civil da provincia de Pontevedra, así como das 233 distribuídas por toda Galicia. Alfonso Rueda gabou o traballo deste voluntarios, e puxo en valor a unión destes concellos da provincia de Pontevedra, “que se unan municipios pequenos, que reúnan voluntarios que normalmente son veciños de cada concello, que consigan material, que teñan xente formada para atender unha emerxencia é de gran importancia, de aí que a súa labor sexa fundamental, porque moitas veces son os primeiros en chegar cando ocorre unha emerxencia.”

O vicepresidente da Xunta incidiu na importancia da colaboración do Goberno galego cos concellos en materia de protección civil e emerxencias para dotar ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) dun equipamento adecuado que lles permita levar a cabo o seu traballo en condicións de seguridade que garantan a protección dos seus efectivos e, por ende, dos seus veciños

Imaxes relacionadas