A Xunta adxudica as obras de renovación da cuberta do edificio da depuradora de Tomiño por un investimento de case 48.000 euros

As obras permitirán substituír e reforzar aquelas partes da estrutura que se atopan máis deterioradas polo paso do tempo

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de renovación da cuberta do edificio da depuradora de Tomiño.

Estas actuacións, adxudicadas á empresa Demain Obras y Servicios, S.L., contan cun investimento de case 48.000 euros.

As obras permitirán substituír e reforzar aquelas partes da estrutura que se atopan máis deterioradas polo paso do tempo, comezando polo saneado da metade dos pórticos formados por perfiles de estrutura metálica e o reforzo daquelas zonas onde sexa necesario.

Substituiranse a totalidade das correas metálicas por perfiles na metade da cuberta onde vai ser substituído o panel sándwich. Este tipo de paneis permite unha resistencia maior ante grandes presións, facendo ademais as funciones de illamento térmico e acústico.

Na intervención se prevé ademais a substitución dos lucernarios existentes por panel sándwich, deixando como iluminación natural interior as ventás existentes na fachada. Tamén se cambiará o canalón metálico existente.

Incluirase unha partida para o saneo ou substitución das correas metálicas da metade da cuberta orixinal (a metade onde non se substituía o panel sándwich), se tras inspección adecuada se conclúe a necesidade de actuar nas mesmas.