Política Social celebra o Día da Muller coa proxección da curtametraxe ‘Coma min, moitas’ en Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), 8 de marzo de 2020

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou esta mañá na proxección da curtametraxe ‘Coma min, moitas’ con motivo do Día da muller no concello de Cerdedo-Cotobade. Alí destacou a importancia de concienciar á xuventude sobre o papel da muller na sociedade.

Este documental foi producido no campo de voluntariado Un rural de cine: a muller é vida deste concello pontevedrés. Cristina Pichel sinalou que é precisamente na xuventude onde se fai máis necesaria a sensibilización para lograr unha maior igualdade entre homes e mulleres.
 

Imaxes relacionadas