A Xunta destaca a contribución da Feira do Viño de Chantada á dinamización de sectores clave para o rural galego

Chantada (Lugo), 7 de marzo de 2020

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Chantada na 38ª Feira do Viño, así como a XII Feira de oportunidades e a XI Mostra de produtos e artesanía, que se desenvolven de xeito paralelo na localidade lucense.

Durante a visita, Conde sinalou que estes encontros contribúen a visibilizar sectores clave para a economía do rural galego, apuntando que a feira do viño chantadina é un referente en toda Galicia que permite proxectar os principais atractivos turísticos da Ribeira Sacra.