Carmen Pomar reúnese cos directores dos centros educativos da provincia de Lugo

Lugo, 6 de marzo de 2020

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, acompañada do seu equipo directivo, reuniuse esta mañá coas persoas directoras dos centros educativos da provincia de Lugo, co obxectivo de analizar o transcurso do actual curso escolar.

Un dos temas abordados na xuntanza foi a xestión do coronavirus. Neste senso, explicóuselle aos directores que desde a Consellería estanse seguindo estritamente as pautas marcadas polas autoridades sanitarias; e que toda a información é pública e accesible tanto no Portal da Dirección coma no Portal das Familias do web de Educación (http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/informacion-coronavirus). Ademais, toda esta información manterase permanentemente actualizada segundo se reciban novas indicacións por parte das autoridades sanitarias.

A xuntanza forma parte da ronda de reunións que se está levando a cabo nas catro provincias co fin de manter informadas ás direccións dos centros sobre o actual curso e sobre as novas convocatorias de cara ao próximo curso, así como para que teñan a oportunidade de resolver todas as dúbidas que consideren.

 

Imaxes relacionadas