As análises confirman a infección por coronavirus no menor da área sanitaria de Vigo que permanece ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2020

As análises realizadas no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, e confirmadas polo Centro Nacional de Microbioloxía, ao menor que permanece ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro, confirman a infección por coronavirus. O menor atópase ingresado no hospital, en cumprimento dos protocolos acordados co Ministerio de Sanidade.

A Dirección Xeral de Saúde Pública está seguindo o protocolo e xa iniciou o estudio de contactos para determinar as medidas necesarias que permitan previr novos contaxios.

 
Ampliarase información en rolda de prensa ás 17.30 na sala de prensa da Consellería (San Lázaro 3º andar, Edificio administrativo de San Lázaro)