Sanidade remite para confirmación ao Centro Nacional de Microbioloxía as probas dun posible caso de coronavirus vinculado cun dos positivos do HAC

Á espera desa confirmación, a Dirección Xeral de Saúde Pública xa iniciou o estudio de contactos

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2020

Sanidade remitíu ao Centro Nacional de Microbioloxía para a súa confirmación as probas non concluíntes realizadas no Hospital Álvaro Cunqueiro ao fillo da muller que onte deu positivo nas análises de infección por coronavirus.

Á espera desa confirmación e seguindo protocolos do Ministerio de Sanidade, a Dirección Xeral de Saúde Pública xa iniciou o estudio de contactos no entorno más próximo e no seu centro educativo para determinar as medidas necesarias que permitan previr novos contaxios. Por outra banda, os técnicos da Xefatura Territorial de Pontevedra trasladarán información ao equipo directivo docente e representantes da ANPA sobre as medidas preventivas que teñen que adoptar nese mesmo sentido.