Política Social participa nos actos de celebración do Día da Muller traballadora no centro sociocomunitario de Ribadavia

Ribadavia (Ourense), 5 de marzo de 2020

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou hoxe nos actos de celebración do Día da Muller que tiveron lugar no centro sociocomunitario de Ribadavia.

Arturo Parrado sinalou que é preciso que as administracións poñan en marcha plans de choque que logren diminuír o número de mulleres en situación de vulnerabilidade. Unha cifra que, concretou, continúa sendo superior á de homes.

Imaxes relacionadas