A Xunta aposta por fortalecer o diálogo social e impulsar a responsabilidade social empresarial para afrontar os retos da dixitalización e a Industria 4.0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou na iniciativa ‘Solucións innovadoras de dixitalización para a flexibilidade e conciliación laboral na Industria 4.0’, organizada por Ineo

Vigo, 5 de marzo de 2020.- A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou esta mañá na iniciativa Solucións innovadoras de dixitalización para a flexibilidade e a conciliación laboral na Industria 4.0 que se celebrou en Vigo organizada pola Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (Ineo).

Na súa intervención, a secretaria xeral explicou que a dixitalización e a Industria 4.0 abren novas oportunidades á economía e que Galicia debe estar preparada para afrontar os novos retos. Neste sentido, referiuse á importancia de axustar a formación dos traballadores ás necesidades empresariais actuais, así como fortalecer o diálogo social e impulsar a Responsabilidade Social Empresarial (RSE).

Así, a Estratexia de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia pretende, ata 2021, promover comportamentos voluntarios nas empresas; fomentar compromisos económicos, ambientais e sociais entre empresas e administracións; integrar conductas responsables; e favorecer un diálogo aberto.