As xornadas técnicas sobre a pataca previstas nos concellos de Coristanco e Xinzo da Limia pospóñense ata novo aviso

Os produtores da Bretaña francesa que tiñan previsto acudir para explicar os seus métodos de cultivo decidiron cancelar a viaxe por prevención, atendendo ás recomendacións do seu país de orixe

Os encontros ían celebrarse no municipio ourensán de Xinzo este xoves 5 e no coruñés de Coristanco os días 6 e 7 de marzo

Santiago de Compostela, 3 de marzo do 2020

As xornadas técnicas sobre a pataca que ían celebrarse nesta primeira semana de marzo no concello ourensán de Xinzo da Limia e no coruñés de Coristanco pospóñense ata novo aviso. O motivo é que os produtores da Bretaña francesa que tiñan previsto acudir para explicar o seu xeito de traballar decidiron cancelar a viaxe por prevención, atendendo ás recomendacións do seu país de orixe.

As xornadas ían ter lugar en Xinzo este xoves día 5, e os días 6 e 7 en Coristanco. Ambos encontros ían contar coas intervencións de técnicos da Consellería do Medio Rural, en colaboración coa IXP Pataca de Galicia e os dous consistorios.

A Consellería informará das novas datas destas xornadas técnicas unha vez queden pechadas con todos os participantes.

Imaxes relacionadas