Fabiola García salienta o traballo a prol da inclusión social no centro de atención a persoas con discapacidade de Sarria

Lugo, 2 de marzo de 2020

A conselleira de Política Social, Fabiola García, salientou o traballo a prol da inclusión social que se realiza no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) que a Xunta de Galicia ten en Sarria. Alí, puido comprobar os coidados que reciben os preto de 120 usuarias e usuarios que cada día acoden a esta instalación.

Fabiola García gabou as diferentes actividades que se poñen en marcha no CAPD para fomentar que as persoas con discapacidade teñan unha mellor calidade de vida e gañen máis autonomía. Entre as actividades que se poñen en marcha encóntranse actividades de pintura, de psicomotricidade e lingua.
 

Imaxes relacionadas