Política Social lembra que esta semana remata o prazo para que as escolas infantís de iniciativa social soliciten axudas para implantar a gratuidade para segundos fillos e sucesivos

Lembra que nos centros de titularidade autonómica a iniciativa implantarase de maneira automática

Pontevedra, 2 de marzo de 2020

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou hoxe a escola infantil de iniciativa social Pipo, en Pontevedra. Alí lembroulle aos seus responsables que esta semana, tal e como recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG), remata o prazo para que estes centros soliciten axudas para implantar a gratuidade das prazas para segundos fillos e sucesivos a partir do vindeiro 1 de abril.

Previamente, a directora xeral tamén visitou a escola infantil de titularidade autonómica O Toxo, tamén en Pontevedra, onde explicou que esta iniciativa funcionará de maneira automática nas instalacións da Xunta.

En ambos os dous casos, Amparo González sinalou que o Goberno galego cubrirá os gastos de atención educativa, non así o comedor, que seguirá a cargo dos pais. A directora xeral confirmoulles que a medida beneficiará a fillos que formen parte dunha mesma unidade familiar.
 

Imaxes relacionadas