A Consellería de Política Social aborda co Concello de Pazos de Borbén as súas necesidades en materia de servizos sociais

O Concello interesouse polo programa Xantar na Casa

Pazos de Borbén (Pontevedra), 2 de marzo de 2020

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, mantivo hoxe unha xuntanza con Andrés Iglesias Rodríguez, alcalde de Pazos de Borbén, para coñecer as necesidades da poboación do municipio en materia de servizos sociais.

Durante a reunión mantida no concello, o alcalde manifestou o seu interese en incorporarse ao programa Xantar na Casa que xestiona o Consorcio e ao que están adheridos na actualidade 177 concellos de toda Galicia. Este servizo moi ben acollido polos usuarios, permite achegarlle un menú diario a persoas que o precisan, como maiores, con algún tipo de dependencia ou persoas en risco de exclusión social, ademais de realizar un seguimento individualizado de cada usuario.

Imaxes relacionadas