A conselleira de Política Social visitou hoxe ás persoas que acoden ao centro de día e ocupacional desta entidade na municipio pontevedrés

Fabiola García destaca o gran labor que realiza Cogami nos seus centros de atención á discapacidade en Silleda

Subliña a importancia destas instalacións para que os seus usuarios gañen en autonomía e adquiran novas habilidades

Silleda (Pontevedra), 2 de marzo de 2020

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou hoxe a calidade nos coidados que reciben as persoas con discapacidade e as súas familias nas instalación de Cogami en Silleda. Díxoo nunha vista aos centros de día e ocupacional que xestiona esta entidade neste municipio pontevedrés e valorou a importancia deste tipo de recursos para que os seus usuarios demostren a súa valía, adquiran novas habilidades e desfruten dunha atención de primeiro nivel.

A conselleira subliñou a longa traxectoria de Cogami na mellora da calidade de vida e da integración social e laboral das persoas con discapacidade, e apuntou que son entidades como esta as que co seu traballo están día a día achegando solucións e oportunidades neste eido. Así, nestes centros de Silleda, os usuarios dispoñen de atención terapéutica de día, que inclúe fisioterapia, e tamén poden realizar obradoiros de coiro, de teares ou alfombras, ademais de diferentes cursos de formación.

Fabiola Garcia sinalou que, a pesar dos avances acadados nos últimos anos, da man das entidades, cómpre que a atención ás persoas con discapacidade continúe a ser unha prioridade nas axendas das Administracións públicas.

Imaxes relacionadas