A Xunta abre mañá o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal para traballar nos servizos públicos da Administración galega

As persoas interesadas terán de prazo desde mañá ata o 30 de abril

Estas listas permiten prestar servizos en escolas infantís, centros de atención a persoas con discapacidade ou en residencias de maiores entre outros

Estarán abertas un total de 32 listas: 18 afectan a persoal funcionario e 14 a persoal laboral

Ademais, a Xunta actualiza os méritos das persoas inscritas en cada unha das listas para determinar a orde de prelación dos aspirantes

Listas, procedementos, puntuacións e actualización de méritos poden consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia

Imaxes relacionadas