A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe

Extinguido o incendio rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Castiñeira, que segundo as últimas medicións afectou 40 ha de monte raso

Novas estimacións da superficie afectada polo lume, xa extinguido, de San Xoán de Río, sitúano nunhas 110 ha de monte raso

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2020

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.

Extinguido Vilariño de Conso


Ás 10,25 h de hoxe deuse por extinguido o incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Castiñeira, que se iniciaba onte ás 21,14 h. Afectou, segundo as últimas medicións, unha superficie de 40 hectáreas, todas elas de monte raso. Na súa extinción traballaron 4 axentes, 3 brigadas e 1 motobomba.

Por outra banda, as últimas estimacións da superficie afectada polo lume do concello ourensán de San Xoán de Río, parroquia de Seoane de Argas, sitúanse nunhas 110 hectáreas de monte raso, pendente da súa parametrización. Este incendio quedou extinguido ás 06,33 h de hoxe, grazas á actuación de 2 axentes, 5 brigadas e 2 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

 

 

Departamento:
C. do Medio Rural