A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h de hoxe

Controlado un incendio rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Castiñeira, que segundo as primeiras estimacións provisionais, a falta de medición definitiva, afecta arredor de 35 ha

Extinguido un lume no municipio ourensán de San Xoán de Río. que segundo estimacións provisionais, pendentes de medición, afectou unhas 80 ha

 

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2020

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h. de hoxe.

Controlado Vilariño de Conso


Desde as 03,00 h desta madrugada está controlado o incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Castiñeira, que se iniciou ás 21,14 h de onte. Afectou, segundo as primeiras estimacións provisionais, pendentes de medición, unha superficie de arredor de 35 hectáreas. No seu control participaron 3 axentes, 3 brigadas e 1 motobomba.

Extinguido San Xoán de Río


Ás 06,33 h de hoxe quedou extinguido o lume rexistrado no concello ourensán de San Xoán de Río, parroquia de Seoane de Argas, que se iniciou onte ás 20,10 h. Afectou, segundo estimacións provisionais, pendentes de medición, unha superficie dunhas 80 ha. Na súa extinción interviñeron 2 axentes, 5 brigadas e 2 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

(Remitirase nota de prensa cando haxa novidades)
 

Departamento:
C. do Medio Rural