O xerente do Consorcio visita a escola infantil de Poio e informa sobre a aplicación da gratuidade escolar para os segundos fillos e sucesivos da unidade familiar a partir do 1 de abril

A escola infantil conta con seis unidades e 87 prazas

Poio (Pontevedra), 28 de febreiro de 2020

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe a escola infantil de Poio, acompañado polo alcalde do municipio, Luciano Sobral Fernández.

Este centro de Poio, que pertence á rede autonómica de escolas infantís, conta con seis unidades e 87 prazas, das que na actualidade están ocupadas 82.

O xerente aproveitou a visita para informar ás traballadoras da escola sobre a aplicación da gratuidade para os segundos fillos e sucesivos nas escolas de titularidade autonómica. Indicou que a medida será de aplicación automática a partir do 1 de abril, polo que as familias non terán que levar a cabo ningún trámite.

Imaxes relacionadas