Política Social lembra que está aberto o prazo para que as escolas infantís de iniciativa social soliciten axudas para implantar a gratuidade para segundos fillos e sucesivos

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou a escola infantil de iniciativa social Cativos, emprazada en Conxo

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2020

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou hoxe a escola infantil de iniciativa social Cativos, emprazada en Conxo. Alí lembrou que, tal e como recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG), continúa aberto o prazo para que estes centros soliciten axudas para implantar a gratuidade das prazas para segundos fillos e sucesivos.

As escolas de iniciativa social terán de prazo ata o vindeiro sete de marzo para adherirse a esta iniciativa que entrará en vigor o 1 de abril.

Imaxes relacionadas