Política Social destaca o labor da unidade de atención temperá de Vilagarcía

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 27 de febreiro de 2020

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, visitou esta mañá a unidade de atención temperá situada en Vilagarcía de Arousa e que dá servizo ás familias da comarca do Salnés. Alí felicitou aos seus responsables pola calidade da atención que prestan nas súas instalacións.

Ildefonso de la Campa sinalou que as nenas e nenos que acoden a este centro melloran a súa autonomía e calidade de vida gracias a un asesoramento individualizado e adaptado ás súas necesidades. Neste sentido, agradeceu aos traballadores e responsables do centro a súa implicación e traballo.