A Xunta destaca o labor a favor das persoas en risco de exclusión da Cociña Económica de Ferrol e da Fundación Hospital Juan Cardona

Ferrol, 26 de febreiro de 2020

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou o importante labor que realiza a Cociña Económica de Ferrol e a Fundación Hospital Juan Cardona, a través do refuxio Pardo de Atín, en axuda ás persoas máis vulnerables.

Arturo Parrado tivo a oportunidade de coñecer de primeira man as actividades que realiza a Fundación, en especial o refuxio no que atenden ás persoas en situación de rúa. Pola súa banda, na Cociña Económica de Ferrol mantivo unha reunión coa súa directiva para compartir as propostas de mellora na atención ás persoas en risco de exclusión.

Imaxes relacionadas