Fabiola García visita a unidade de atención temperá do concello de Mos

Mos (Pontevedra), 24 de febreiro de 2020

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta tarde a unidade de atención temperá do Concello de Mos, que atende a 45 nenas e nenos e onde destacou a importante labor que realizan os seus profesionais para axudar ás familias deste municipio e da súa contorna.

Fabiola García sinalou que as nenas e nenos que acoden a este centro melloran a súa autonomía e calidade de vida gracias a un asesoramento individualizado e adaptado ás súas necesidades. Neste sentido, agradeceu aos traballadores e responsables do centro pola súa implicación e traballo.
 

Imaxes relacionadas