A Xunta visita o centro de atención social e o piso de inserción sociolaboral da entidade Rexurdir provincial en Pontevedra

Pontevedra, 22 de febreiro de 2020

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá o centro de atención social continuada e o piso de apoio o tratamento social e laboral do drogodependente da entidade Rexudir Provincial. Alí destacou a calidade asistencial deste servizo que permite a reinserción dos colectivos en risco de exclusión social na cidade.

O centro de atención social atende ás primeiras necesidades dos usuarios como pode ser a comida, a hixiene e a lavandería. Ademais, tamén conta cun departamento de asesoramento xurídico e psicosocial que permanece aberto todo o ano. Mentres, no piso de inserción sociolaboral permítese aos usuarios a volta á vida normalidade e autónoma afastada da rúa e a adicción. Conta tamén con psicólogo e traballadores sociais.
 

Imaxes relacionadas