A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou esta tarde nunha actividade de sensibilización ambiental organizada pola entidade

O complexo xuvenil As Mariñas acollerá o Festival Scout 2020 coa participación de 1.000 mozas e mozos de toda España

O evento desenvolverase entre o 30 de abril e o 3 de maio

Bergondo (A Coruña), 21 de febreiro de 2020

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, indicou esta tarde que o complexo xuvenil As Mariñas, en Gandarío, acollerá o Festival Scout 2020 que reunirá do 30 de abril ao 3 de maio arredor de 1000 mozas e mozos de toda España.

Fíxoo durante unha visita ás instalacións onde participou xunto con membros desta entidade en Galicia nunha actividade de sensibilización ambiental. Cristina Pichel destacou que estas instalacións encóntranse nun enclave natural estratéxico que converte este centro no lugar idóneo para o desenvolvemento deste evento.

Precisamente, o festival terá como temática principal o cambio climático e buscará concienciar sobre a necesidade de coidar e preservar o medio ambiente. As mozas e mozos vivirán tres días de xogos e aprendizaxe no que tamén competirán para gañar un certame musical.

Imaxes relacionadas