Central Eléctrica Sestelo traslada a Cores Tourís a posta en marcha de melloras enerxéticas no Condado-Paradanta por case 1,7 millóns de euros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra foi invitado pola empresa que destacou a labor executada o pasado ano nesta comarca á que destinou entre obra nova e mantemento máis de 2,7 millóns de euros

Destacou a labor deste tipo de empresas que colaboran en potenciar o subministro eléctrico nas parroquias dignificando así a vida no rural
 

Ponteareas (Pontevedra), 21 de febreiro de 2020

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo hoxe unha reunión coa empresa Central Eléctrica Sestelo e o xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial Santomé, onde a xerente da firma, Adolfo Álvarez Castro, destacou o 1,7 millóns de euros que destinará este ano a execución de melloras na comarca do Condado-Paradanta.

Esta firma eléctrica, en estreita colaboración coa Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, continuará a intensificar no presente ano os seus investimentos, realizando para o 2020 importantes melloras na calidade de subministro da súa zona de cara a poder estar en disposición de atender as demandas futuras de enerxía na súa zona de distribución.


O delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, destacou “a boa labor” desenrolada por Central Eléctrica Sestelo, matizando que “dende a administración autonómica queremos apostar por dignificar e mellorar a vida no rural, por eso seguimos a apoiar a este tipo de empresas que colaboran en potenciar o subministro eléctrico mediante investimentos nas parroquias dos distintos concellos”. De feito, engadiu que o investimento en infraestruturas enerxéticas mellora a calidade do subministro e constitúe un elemento diferencial e fundamental para a implantación empresarial nas zonas do rural do interior da provincia.

O investimento desta firma en 2019 foi de 1,7 millóns de euros, ao que se debe sumar 1,051 millóns en labores de mantemento e conservación. Nestes intres, a empresa está a traballar no plan de investimentos para o trienio 2021, 2022 e 2023.

 

Imaxes relacionadas