A Xunta lembra que segue aberto o prazo para que as escolas infantís de iniciativa social soliciten axudas para implantar a gratuidade das prazas para segundos fillos e sucesivos

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou o centro de Nosa Señora de Fátima no Concello da Rúa

A Rúa (Ourense), 21 de febreiro de 2020

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou hoxe a escola infantil de iniciativa social Nosa Señora de Fátima no Concello da Rúa, onde lembrou que, tal e como recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG), continúa aberto o prazo para que estes centros soliciten axudas para implantar a gratuidade das prazas para segundos fillos e sucesivos.

Esta iniciativa entrará en vigor o vindeiro 1 de abril e o prazo de adhesión para as escolas de iniciativa social estará aberto ata o día sete de marzo.

Imaxes relacionadas