Almuiña visita as obras de mellora realizadas no centro de saúde de Coristanco

A actuación consistiu na reforma da carpintería exterior e interior, ademais doutras obras, así como a instalación dun acumulador eléctrico

Coristanco (A Coruña), 21 de febreiro de 2020

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou esta mañá as melloras realizadas no centro de saúde de Coristanco. As actuacións, xa rematadas, permitiron reformar a carpintería exterior e interior, ademais doutras obras, así como a instalación dun acumulador eléctrico na sala de descanso do persoal.

Esta mellora enmárcase nunha serie de obras de reforma nos centros de saúde de titularidade municipal que o Sergas cofinanciou a través de convenios cos concellos de Coristanco e Cee, na provincia da Coruña, e de Xermade e Triscastela, na provincia de Lugo.

Todas estas reformas que o Sergas cofinancia con estes catro concellos teñen por obxecto dar unha mellor resposta aos problemas de saúde destes municipios, por medio de actuacións que van permitir mellorar as dotacións e infraestruturas dedicadas á atención asistencial da cidadanía dos mesmos.

Imaxes relacionadas