O Espazo Xove da Xunta en Noia luce un graffiti feito pola Asociación Vella Escola

Noia (A Coruña), 20 de febreiro de 2020

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou esta tarde na realización dun graffiti que integrantes da Asociación Vella Escola de Noia debuxaron no Espazo Xove que a Xunta de Galicia ten nesta localidade coruñesa.

Cristina Pichel destacou a traxectoria desta asociación organizando e poñendo en marcha programas de cultura urbana dirixidos á xuventude de Noia e dos concellos limítrofes. Subliñou a variedade dos obradoiros impartidos, así como os eventos e exhibicións postos en marcha.

Imaxes relacionadas