Política Social coñece ás persoas voluntarias que participan na Asociación Cultural O Castro de Baión
2020-02-19
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2020/Febreiro/semana-04/20200219FotoDXXuventudeOCastro.jpg
Vilanova de Arousa (Pontevedra), 19 de febreiro de 2020
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, compartiu esta tarde experiencias no eido do voluntariado coa Asociación Cultural O Castro de Baión, que recibiu axudas autonómicas para o fomento de actividades solidarias.
Entre outras actividades, esta entidade realiza accións de axuda a maiores e persoas con discapacidade. Tamén protagoniza actuacións no eido da prevención e sensibilización contra os malos tratos ás mulleres centradas no ámbito rural, dentro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade